saltar al contenido
La versión en castellano es una traducción automática. Si encuentra algún fallo, por favor, envíenoslo a : tradutor@parlamentodegalicia.es

Escultura en pedra, Santiago Apóstolo

Autor Antonio García Patiño
Data/Fecha 2003
Medidas 210x240x56 cm
Técnica|Material Pedra/Piedra
Tipo Escultura
* Colección Parlamento de Galicia

Antonio García Patiño (1930-2010) foi máis un artista do pincel ca escultor, actividade esta para a que precisou de colaboración, polo que adoita traballar con David dos Santos Feal, asinando xuntos no pedestal como Patiño-Feal. Patiño era militar de profesión, mais sentíase pintor. Estivo destinado en Melilla e xa daquela, en 1957, lle deran un premio pictórico. Viaxou coa súa obra até Montecarlo, Francia, Suíza, Italia, Dinamarca e tamén a Nova York. Expresouse asemade co debuxo e o gravado, e colaborou con Sargadelos e coa editorial de Manuel Moleiro, especializada en libros medievais, para a que ilustrou unha edición das Cantigas de Amigo, un dos seus temas preferidos, como tamén o foi o das mulleres e os touros. Mais foi dende unha serie dedicada aos santos e aos milagres de Santiago como se achegou ao tema da escultura do Parlamento.

No espazo central dianteiro asenta unha senlleira figura, o Señor Sant-Iago, escultura ecuestre monumental de Antón García Patiño. Esculpido en pedra clara nun poderoso pedestal, máis escuro, vai o Apóstolo de a cabalo. Podería pensarse que se trata por iso dunha representación de Santiago como matamouros, mais é dende as outras representacións canónicas de Sant-Iago Apóstolo como se chega a entender a riqueza desta do xardín.

Alfonso D. Rodríguez Castelao escribira o seguinte en Sempre en Galiza (edic. crítica, Parlamento Galego, 2000),[1] e parece terse reflectido na composición da obra polos artistas que a firman: dende o cabalo, sentado nel a través, coma se dunha cátedra se tratase, e descalzo, cunha vestimenta de hábito e na esclavina senllas cunchas xacobeas moi esquemáticas, que parecen galóns, brazo cruzado nas pernas e co outro levantado, man pechada e levantando o polgar. O rostro barbado e con ampla melena simétrica leva por tras a coroa-nimbo con seis buratos que semellan as pedras preciosas do Sant-Iago do camarín da capela maior da catedral. Así vai no anverso, mais non no reverso, lado este que amosa unha simetría inversa con respecto á faciana principal. Velaquí unha das características que emanan da colaboración dos dous artistas, o coruñés Patiño e o ferrolán Feal. E debaixo do bandullo do cabalo engaden unhas ondas mariño-fluviais, que son unha culta maneira de referir como chegaran polo mar de Arousa os restos do Apóstolo nunha barca de pedra, subindo polo río Ulla até Padrón.

Emerxendo do céspede, serve de benvida a cantos se achegan ao Parlamento.


[1] É un capítulo que non vai na edición prínceps, Buenos Aires, Edit. As Burgas, 1940. É en realidade da 2ª edición, en 1961, pois o autor redactou entre 1947 e 1948 os textos.

Antonio García Patiño (1930-2010) fue más un artista del pincel que escultor, actividad para la que necesitó colaboración, por lo que suele trabajar con David dos Santos Feal, firmando juntos en el pedestal como Patiño-Feal. Patiño era militar de profesión, pero se sentía pintor. Estuvo destinado en Melilla y ya de aquella, en 1957, le dieron un premio pictórico. Viajó con su obra hasta Montecarlo, Francia, Suiza, Italia, Dinamarca y también a Nueva York. Se expresó simultáneamente con el dibujo y el grabado y colaboró con Sargadelos y con la editorial Manuel Moleiro, especializada en libros medievales, para la que ilustró una ediciones de las Cantigas de Amigo, uno de sus temas preferidos, como también lo fue el de las mujeres y los toros. Sin embargo, fue a través de una serie dedicada a los santos y los milagros de Santiago como se acercó al tema de la escultura del Parlamento.

En el espacio central delantero se asienta una solitaria figura, el Señor Sant-Iago, escultura ecuestre monumental. Esculpido en piedra clara en un poderoso pedestal, más oscuro, va el Apóstol a caballo. Se podría pensar que se trata de una respresentación de Santiago como matamoros, pero esdesde otras representaciones canónicas de Sant-Iago Apóstol cómo se puede entender la riqueza que se asienta en el jardín.

Alfonso D. Rodríguez Castelao escribió lo siguiente en Sempre en Galiza (edic. crítica, Parlamento Galego, 2000),[1] y parece que los artistas que firman la obra lo han reflejado así en su composición: desde el caballo, sentado en él a través, como si de una cátedra se tratara, y descalzo, con una vestimenta de hábito y en la esclavina ambas conchas muy esquemáticas que parecen galones, un brazo cruzado sobre las piernas y otro levantado, mano cerrada y pulgar levantado. El rostro con barba y amplia melena simétrica, lleva por detrás la corona-nimbo con seis agujeros que parecen piedras preciosas del Sant-Iago del camarín de la capilla mayor de la catedral. Así va en el anverso, pero no en el reverso, lado este que muestra una simetría inversa con respecto a la cara principal. Aquí está una de las características que emanan de la colaboración de los dos artistas, el coruñés Patiño y el ferrolano Feal. Y bajo la barriga del caballo, añaden unas olas marino-fluviales que son una manera culta de referirse a la llegada por el mar de Arousa de los restos del Apóstol en una barca de piedra, subiendo por el río Ulla hasta Padrón.

Emergiendo del cesped, sirve de bienvenida a cuantos llegan al Parlamento.


[1] es un capítulo que no va en la edición princeps, Buenos Aires, Edit. As Burgas, 1940. Es en realidad de la 2ª edición, en 1961, pues el autor redactó los textos entre 1947 y 1948.

saltar al pe de página