saltar al contenido
La versión en castellano es una traducción automática. Si encuentra algún fallo, por favor, envíenoslo a : tradutor@parlamentodegalicia.es

Rúa

Autor Constantino Grandío López
Data/Fecha 1972
Medidas 61x50 cm
Técnica|Material Óleo, Lenzo/Lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Constantino Grandío López (Lousada, Lugo, 1924-Lugo, 1977) é tamén, coma Lago, un artista que se achegou á abstracción, o que para el era consonte coa súa primeira vocación, a da música, pois foi un bo intérprete tanto do órgano como da gaita galega, instrumentos que definen o seu carácter retranqueiro, e a súa pintura, entre os tons ocres e verdes e os cinza. Intuitivo e autodidacta, contou co apoio de Cristino Mallo. Premio de pintura en Lugo, en 1944, medallas nas Exposicións Nacionais, na de 1959 a terceira; en 1961, a segunda; e na exposición de 1963 obtén a primeira, para levar Tino Grandío, dous anos despois, o gran premio da Dirección General de Bellas Artes. Cando dez anos máis tarde enferma estaba a pintar de encargo un retrato de Franco, prodixioso cadro de concepto que finalmente acabou na colección de Abanca. Dende aquela Grandío deu en pintar sen parar até a súa morte.

Distintos son entre si os dous óleos sobre lenzo que de Grandío hai no Parlamento. É o primeiro unha Pintura abstracta, que se pode datar con precisión en 1959, pois así o sinala o artista na parte inferior esquerda.[1] O outro é unha Rúa, coa sinatura 'Grandío' e o ano '1972' debaixo. Esta é unha paisaxe en gris, da rúa e das casas, e tamén do ceo, mais os tellados e o valado do terreo no primeiro termo son escuros, dunha cor terrosa, unha extrema economía cromática. Aquela é unha obra máis hermética, con tres campos que van da cor gris ao vermellón, pintado en capas verticais cunha enigmática liña negra no centro, a modo de eixe.


[1] Hai unha inscrición enriba, que sería a do apelido do artista, mais está ilexible.

Constantino Grandío López (Lousada, Lugo, 1924-Lugo, 1977) es un artista que se acercó a la abstracción, lo que para él coincidía con su primera vocación: la música, pues fue un buen intérprete tanto del órgano como de la gaita gallega, instrumentos que definen su carácter 'retranqueiro', y su pintura, entre los tonos ocres y verdes y ceniza. Intuitivo y autodidacta, contó con el apoyo de Cristino Mallo. Premio de pintura en Lugo, en 1944, medallas en las Exposiciones Nacionales, en la de 1959 la tercera; en 1961, la segunda; y en la exposición de 1963 obtiene la primera, para, dos años después, conseguir el gran premio de la Dirección General de Bellas Artes. Cuando enferma, diez años más tarde, estaba pintando por encargo un retrato de Franco, prodigioso cuadro de concepto que finalmente acabó en la colección de Abanca. Desde aquel momento, Grandío pintó sin parar hasta su muerte.

Distintos son entre si los dos óleos sobre lienzo que de Grandío hay en Parlamento. El primero es una Pintura abstracta, que se puede datar con precisión en 1959, pues así lo señala el artista en la parte inferior izquierda.[1] El otro es una Rúa (Calle), con la firma 'Grandío' y el año '1972' debajo. Este es un paisaje en gris de la calle y de las casas y también del cielo, pero los tejados y el vallado del terreno en primer término, son oscuros, de un color terroso, una extrema economía cromática. Esta es una obra más hermética, con tres campos que van del color gris al vermellón, pintado en capas verticales con una enigmática línea negra en el centro, a modo de eje.


[1] Hay una inscripción arriba, que sería la del apellido del artista, pero es ilegible.

saltar al pe de página