saltar al contenido
La versión en castellano es una traducción automática. Si encuentra algún fallo, por favor, envíenoslo a : tradutor@parlamentodegalicia.es

A Barca

Autor Manuel Prego De Oliver
Data/Fecha Sen datar / Sin datar
Medidas 80x99 cm
Técnica|Material Óleo, Lenzo/Lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Manuel Prego de Oliver (Ourense,1915-1986), mestre depurado tras a guerra, metido a pintor dende mediada a década dos anos corenta, para manter a súa familia, que se abriu camiño nas galerías de Madrid dende 1955, ano en que ilustra Merlín e Familia, de Álvaro Cunqueiro, e que comeza a triunfar na década dos anos sesenta dende a gran pintura mural da estación marítima de Vigo, en 1960. Desta década son as exposicións na Sala Quixote de Madrid, cando comeza a ser considerado como un artista galego importante pola crítica oficial. As antolóxicas no Palacio da UNESCO, en París, en 1981; a do Palacio Real de Pedralbes, Barcelona, en 1983, e finalmente no García Barbón de Vigo, entre 1984 e 1985, pouco antes de morrer, culminan a súa vida.[1]

O artista ten unha obra na colección do Parlamento, unha Barca, varada e abandonada sobre a area dunha praia, sen remos, e co sol caendo en vertical, metáfora dunha vida, co mar e o ceo, ocupando cos seus azuis a maioría da tea, o segundo con finas nubes brancas, un recurso para captar capas de cores. O artista buscou até os seus derradeiros días, dende a experimentación persoal, unha técnica que expresase a súa percepción debedora dun estilo moi baseado na literatura, con transparencias e calidades sensuais na pintura.[2] A obra, un óleo sobre lenzo, está asinada na parte inferior esquerda coa primeira parte do seu apelido, 'Prego'.[3] Malia non ter data, é posible circunscribila á penúltima década do mestre ourensán. A temática das barcas varadas trabállaa dende finais dos anos sesenta. E nesta mesma cronoloxía está o artista que Prego descubriu en Ourense, o escultor Antón Faílde (1907-1979),[4] que ocupou para os herdeiros da Xeración Nós o espazo baleiro deixado por Eiroa e Bonome.


1] LIMIA GARDÓN, F. J. [2014, II]. «Manuel Prego de Oliver (1915-1986). Na leira murada do franquismo», Galegos de Ourense 2 (Juana López, J. de, Prada Rodríguez, J., Rodríguez Teijeiro, D., coord.), 377-394.

[2] Está analizado con detalle en LIMIA GARDÓN, F.J., FIGUEIRAS PIMENTEL, N. [2017]. Prego, mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital.

[3] A firma de cor negra é rara nesta obra, pois o artista adoitaba facelo en vermello.

[4] LIMIA GARDÓN, F.J. [2001]. Antonio Faílde. El escultor que escuchó la música de las piedras. Hai edición recente en galego, 2017, corrixida e aumentada.

Manuel Prego de Oliver (Ourense, 1915-1986), maestro depurado tras la guerra, metido a pintor desde mediados de la década de los años cuarenta, para mantener a su familia, que se abrió camino en las galerías de Madrid desde 1955, año en que ilustra Merlín y Familia, de Álvaro Cunqueiro, y que comienza a triunfar en la década de los años sesenta desde la gran pintura mural de la estación marítima de Vigo, en 1960. De esta década son las exposiciones en la Sala Quijote de Madrid, cuando comienza a ser considerado como un artista gallego importante por la crítica oficial. Las antológicas en el Palacio de la UNESCO, en París, en 1981; la del Palacio Real de Pedralbes, Barcelona, en 1983, y finalmente en el García Barbón de Vigo, entre 1984 y 1985, poco antes de morir, culminan su vida. [1]

El artista tiene una obra en la colección del Parlamento, A Barca, varada y abandonada sobre la arena de una playa, sin remos, y con el sol cayendo en vertical, metáfora de una vida, con el mar y el cielo, ocupando con sus azules la mayoría de la tela, el segundo con finas nubes blancas, un recurso para captar capas de colores. El artista buscó hasta sus últimos días, desde la experimentación personal, una técnica que expresara su percepción deudora de un estilo muy basado en la literatura, con transparencias y calidades sensuales en la pintura. [2] La obra, un óleo sobre lienzo, está firmada en la parte inferior izquierda con la primera parte de su apellido, 'Prego'. [3]A pesar de no tener fecha, es posible circunscribirla a la penúltima década del maestro ourensano. La temática de las barcas varadas la trabaja desde finales de los años sesenta. Y en esta misma cronología está el artista que Prego descubrió en Ourense, el escultor Antón Faílde (1907-1979) [4] , que ocupó para los herederos de la Xeración Nós el espacio vacío dejado por Eiroa y Bonome.


1] LIMIA GARDÓN, F. J. [2014, II]. «Manuel Prego de Oliver (1915-1986). Na leira murada do franquismo », Galegos de Ourense 2 (Juana López, J. de, Prada Rodríguez, J., Rodríguez Teijeiro, D., coord.), 377-394.

[2] Está analizado con detalle en LIMIA GARDÓN, F.J., FIGUEIRAS PIMENTEL, N. [2017]. Prego, mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital.

[3] A firma de cor negra é rara nesta obra, pois o artista adoitaba facelo en vermello.

[4] LIMIA GARDÓN, F.J. [2001]. Antonio Faílde. El escultor que escuchó la música de las piedras. Hai edición recente en galego, 2017, corrixida e aumentada.

saltar al pe de página