saltar al contenido
La versión en castellano es una traducción automática. Si encuentra algún fallo, por favor, envíenoslo a : tradutor@parlamentodegalicia.es

Cruceiro de las cinco calles

Autor Carlos García Mourón
Data/Fecha 1990
Medidas 44x61 cm
Técnica|Material Acuarela, papel
Tipo Acuarela
* Colección Parlamento de Galicia

Carlos García Mourón (Pontevedra, 1935-2016), vinculado á localidade de Ponte Caldelas, fixo Belas Artes en Madrid, e cando regresa especializarase na acuarela conseguindo, dende unha acaída técnica, unha gama de cores ocres moi singular, que lle dá fama. No Cruceiro de las cinco calles, obra sobre papel que asina de maneira elaborada no lateral esquerdo, 'Mouron 90 ', inserindo un '' (fecit), o artista pinta este famoso cruceiro do casco histórico-monumental da cidade, sito na praza denominada hoxe de Rogelio Lois, mais o lugar era así denominado dende antigo, polas rúas do Barón, de Isabel II, de Paio Gómez Chariño, San Nicolás e Princesa. O cruceiro procede de Estribela, na parroquia de Santo André de Lourizán, Marín, onde o debuxou Afonso D. Rodríguez Castelao para As cruces de pedra na Galiza' (A Coruña, 1964) como 'Estribela / Marín', e foi trasladado para aquí en 1962, sendo alcalde Filgueira Valverde, parente do artista, e Pons Sorolla no Patrimonio, reversión que está hoxe en día a ser reclamada para reintegralo na localización orixinaria para o que foi feito en 1773.

Carlos García Mourón (Pontevedra, 1935-2016), vinculado a la localidad de Ponte Caldelas, hizo Bellas Artes en Madrid, y cuando regresa se especializa en la acuarela conseguiendo una gama de colores ocres muy singular que le da fama. En Cruceiro de las cinco calles, obra sobre papel que firma de manera elaborada en el lateral izquierdo, 'Mouron 90 ', insertando una '' (fecit), el artista pinta este famoso cruceiro del casco histórico-monumental de la ciudad, sito en la plaza denominada hoy de Rogelio Lois, pero el lugar ya era así denominado tiempo atrás, por las calles del Barón, de Isabel II, de Paio Gómez Chariño, San Nicolás y Princesa. El cruceiro procede de Estribela, en la parroquia de Santo André de Lourizán, Marín, donde lo dibujó Afonso D. Rodríguez Castelao para As cruces de pedra na Galiza' (A Coruña, 1964) como 'Estribela / Marín', y fue trasladado para aquí en 1962, siendo alcalde Filgueira Valverde, pariente del artista, y Pons Sorolla en Patrimonio, una devolución que está siendo reclamada hoy en día para reintegrarlo en la localización originaria para la que fue hecho en 1773.

saltar al pe de página