saltar al contenido
La versión en castellano es una traducción automática. Si encuentra algún fallo, por favor, envíenoslo a : tradutor@parlamentodegalicia.es

Jano

Autor Acisclo Manzano Freire
Data/Fecha Sen datar / Sin datar
Medidas 50x20 cm
Técnica|Material Terracota
Tipo Escultura
* Colección Parlamento de Galicia

Acisclo Manzano Freire (n. 1940), ourensán do casco vello, é un dos maiores artistas da estatuaria pública en Galicia, sendo por iso moi coñecido. Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada, e na de Artes e Oficios en Santiago de Compostela, con Liste. Aínda mozo, xuntarase con Xaime Quesada e Xosé Luís de Dios arredor de Vicente Risco no bar do Tucho, logo rebautizado O Volter, no Eirociño dos Cabaleiros. Comezou coa talla directa en vellas madeiras que saían das casas, e aquel grupo de O Volter viaxa por Europa. Con posterioridade, e para unhas exposicións en 1965 e 1966, o grupo amplíase a Siete artistas gallegos, como sabemos. Mais el vai estar á sombra de Quessada sempre, amigo e admirador, co que ten exposto por Europa e feito varios proxectos escultóricos, caso do Fauno e a Serea, en Ourense, ambos os dous de 1995, firmado obras conxuntas, caso da Escultopintura, de 1988, que está na colección do Parlamento. É unha peza que xunta, sen mesturarse, a pintura de proxenie abstractiva de Quessada arriba, e a escultura cerámica súa abaixo. Xuntos expuxeran no andar baixo deste pazo santiagués da rúa do Hórreo co gallo do Xacobeo 93, Galicia hoxe, Galicia sempre, coincidindo co 57º aniversario da aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. Con el fai Búsquedas y Encuentros en 1990 en Santiago, e tamén en Lisboa; ou en 2000 Memoria e Liberdade, en Barcelona. Velaquí, dende un mutuo interese, a fonda amizade con Xaime, co que pasou tempadas en Eivissa, Illes Balears, nos anos setenta, lugar onde descobre o seu material de referencia, a terracota da súa cor natural. Dende a súa influencia, e a súa propia reflexión, fai as cabezas do Parlamento, de proxenie surrealista, que semellan tiradas dalgún dos debuxos do Picasso do Guernica, polo que tanto se apaixonou Xaime... Dende 2008 está na Real Academia Galega de Belas Artes. En 2017 recibiu o Premio Otero Pedrayo ex aequo con Manolo de Buciños.

Así pois, este renovador da plástica escultórica en Galicia, coa madeira primeiro e o ferro ultimamente, é un camaleónico artista expresionista que non fai bosquexos previos, e que tampouco posúe taller fixo, malia asentarse en Viduedo, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense). Na colección do Parlamento ten varias obras en barro, caso da Cabeza tumbada de 1989, un rostro feminino a partir do ángulo do eixe, converténdose nun busto-folla o corpo, forma que adoita utilizar até convertela nunha das súas formas plásticas características. Do mesmo ano é Ninfa das Cobas, en grafito refractario, á que dispón de pé, cuns leves acenos ao corpo, dende unha tea que se cingue a el nunha sutil técnica de panos mollados. De 1990 é Lalín, daquel mesmo material e técnica, á que lle engade tres botóns en vertical na parte alta, como facía Virxilio arredor dos peitos.

Mais o paradigma entre todas é Dona dos oito, obra icónica do creador ourensán, feita en 1989, como aquelas, ano significativo pois foi o do traslado do Parlamento a esta nova sede. Coa súa silueta a modo de folla característica e a simplificación antropomórfica do torso feminino, de perfís curvilíneos e sen extremidades dende as coxas, trátase dunha terracota que é unha abstracción figurativa representativa da renovación da plástica galega dende os anos setenta, sendo a alusión á vestimenta os botóns do escote, aos que engade outros no corpo, acenos pícaros dun sentir, unha forma plástica xurdida dende o pulo da casa de Xaime Quessada nas Baleares. Victoria é un torso deitado, cortado polo medio das coxas, sen cabeza nin brazos, que é semellante a outro de pé, e de maior tamaño, unha gran lámina en grafito refractario que parece aludir aos torsos masculino e feminino, metade e metade, e leva por título Xeitavo. Están logo as esculturas das súas enigmáticas caras, como As Baleas, pesada e volumétrica terracota con tres caras; Cabezas de Portavoces,de 1987, gran volume ao que apenas lle fai unhas rabuñadas cunha espátula para o cabelo, e tamén a outra terracota, Jano, dúas carasde grandes beizos. Hai, en fin, outras dúas pezas, de menor tamaño, torsos de terracota vermella, sendo unha delas, Ondina, case abstracta, e a outra un Torso, unha muller querendo incorporarse, de suxestiva pátina.

Acisclo Manzano Freire (n. 1940), ourensano del casco viejo, es uno de los mayores artistas de la estatuaria pública en Galicia, siendo por eso muy conocido. Estudió en la Escuela de Formación Profesional Acelerada, y en la de Artes y Oficios en Santiago de Compostela, con Liste. Aún joven, se juntará con Xaime Quesada y Xosé Luís de Dios alrededor de Vicente Risco en el bar de Tucho, luego rebautizado El Volter, en Eirociño de los Caballeros. Comenzó con la talla directa en viejas maderas que salían de las casas, y aquel grupo del Volter viaja por Europa. Con posterioridad, y para unas exposiciones en 1965 y 1966, el grupo se amplía a Siete artistas gallegos, como sabemos. Sin embargo, él va a estar a la sombra de Quessada siempre, amigo y admirador, con el que ha expuesto por Europa y hecho varios proyectos escultóricos, caso del Fauno y la Sirena, en Ourense, ambos de 1995, firmando obras conjuntas, como Escultopintura, de 1988, que está en la colección del Parlamento. Es una pieza que junta, sin mezclarse, la pintura de progenie abstractiva de Quessada arriba, y la escultura cerámica abajo. Juntos habían expuesto en la planta baja de este pazo santiagués de la calle del Hórreo con motivo del Xacobeo 93, Galicia hoy, Galicia sempre, coincidiendo con el 57º aniversario de la aprobación en referéndum del Estatuto de Autonomía de Galicia. Con él hace Búsquedas y Encuentros en 1990 en Santiago, y también en Lisboa; o en 2000 Memoria y Libertad, en Barcelona. He aquí, desde un mutuo interés, la honda amistad con Xaime, con el que pasó temporadas en Ibiza, Islas Baleares, en los años setenta, lugar donde descubre su material de referencia, la terracota de su color natural. Desde su influencia, y su propia reflexión, hace las cabezas del Parlamento, de progenie surrealista, que semejan tiradas de alguno de los dibujos del Picasso del Guernica, por el que tanto se apasionó Xaime... Desde 2008 está en la Real Academia Gallega de Bellas Artes. En 2017 recibió el Premio Otero Pedrayo ex aequo con Manolo de Buciños.

Así pues, este renovador de la plástica escultórica en Galicia, con la madera primero y el hierro últimamente, es un camaleónico artista expresionista que no hace bosquejos previos, y que tampoco posee taller hizo, a pesar de asentarse en Viduedo, en el ayuntamiento de San Cristovo de Cea (Ourense). En la colección del Parlamento tiene varias obras en barro, caso de la Cabeza tumbada de 1989, un rostro femenino a partir del ángulo del eje, convirtiéndose en un busto-hoja el cuerpo, forma que suele utilizar hasta convertirla en una de sus formas plásticas características. Del mismo año es Ninfa das Cobas, en grafito refractario, a la que dispone de pie, con unas leves señas al cuerpo, desde una tela que se ciñe a él en una sutil técnica de paños mojados. De 1990 es Lalín, de aquel mismo material y técnica, a la que le añade tres botones en vertical en la parte alta, como hacía Virxilio alrededor de los pechos.

Pero el paradigma entre todas es Dona dos oito, obra icónica del creador ourensano, hecha en 1989, como aquellas, año significativo pues fue el del traslado del Parlamento a esta nueva sede. Con su silueta a modo de hoja característica y la simplificación antropomórfica del torso femenino, de perfiles curvilíneos y sin extremidades desde los muslos, se trata de una terracota que es una abstracción figurativa representativa de la renovación de la plástica gallega desde los años setenta, siendo la alusión al atuendo los botones del escote, a los que añade otros en el cuerpo, señas pícaras de un sentir, una forma plástica surgida desde el impulso de la casa de Xaime Quessada en las Baleares. Victoria es un torso acostado, cortado por el medio de los muslos, sin cabeza ni brazos, que es semejante a otro de pie, y de mayor tamaño, una gran lámina en grafito refractario que parece aludir a los torsos masculino y femenino, mitad y mitad, y lleva por título Xeitavo. Están luego las esculturas de sus enigmáticas caras, como As baleas, pesada y volumétrica terracota con tres caras; Cabezas de Portavoces, de 1987, gran volumen al que apenas araña con una espátula para el cabello, y también la otra terracota, Jano, dos caras de grandes labios. Hay, en fin, otras dos piezas, de menor tamaño, torsos de terracota roja, siendo una de ellas, Ondina, casi abstracta, y la otra un Torso, una mujer queriendo incorporarse, de sugestiva pátina.

saltar al pe de página